Engadimos cousiñas que podedes facer na casa:
1. Facer cousas sos é importante, e tamén o é saber pedir axuda cando a precisamos, e dar as grazas!!! Tedes que pensar 4 actividades que sodes capaces de facer sos e outras 4 das que precisades axuda doutras persoas. E despois de pensar, debuxalas. Pincha no debuxo.
2. Nubes de palabras: en 2 folios escribide o voso nome e rodeádeo dunha nube.
Nun marcades a primeira letra do voso nome e pensade palabras que comecen igual.
Noutro marcaredes a última letra do voso nome e pensade palabras que comecen por esa última letra. (En 3 anos 3 palabras, en 4 buscade 5 , e en 5 anos buscade 10). Despois tedes que debuxar unha das palabras de cada grupo.
3. Xa que estamos na primavera, imos facer flores que se abren na auga : precisades un folio, tesoiras, pinturas e imaxinación.. un prato e un pouco de auga... Mirade o vídeo. Pinchade na imaxe.
4. Esta semana deixámosvos unha receita saudable de “tortiñas de arandos”. Sinxela, rica e con moita froita.
Ingredientes para 6 mini tortiñas:
– 2 plátanos maduros
– 20 gramos de fariña de avea
– 20 gramos de arandos
– un belisco de canela
– 2 plátanos maduros
– 20 gramos de fariña de avea
– 20 gramos de arandos
– un belisco de canela
Preparación paso a paso:
-Facemos un puré co plátano usando un garfo e engadimos a fariña de avea (moendo os flocos de avea) e maila canela. Mesturamos ben.
-Nunha tixola quente cunha culleradiña de aceite de oliva botamos 1 cullerada de masa por tortiña.
-Colocamos os arandos.
-Deixamos que se faga ben e dámoslle a volta, deixando que se cociñe polo outro lado. E listo!
Todos os ingredientes poden ser probados con anterioridade ou con outros alimentos para descartar posibles intolerancias ou alerxias.
4. Relaxarse tamén é unha parte importante do exercicio, e o ioga axúdanos no coñecemento do noso corpo e posibilidades de expresión e movemento.Aquí tedes un pouco de “ioga”:
5. Imos facer o noso Tangram, collede cores e tesoiras e disfrutade coas vosas propias construcións. Pinchade na imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario