domingo, 30 de setembro de 2018

Cumpres de setembro en 4 anos.

 Estes pequech@s  non paran de crecer!!!!. O venres pasado celebramos os cumpres do mes de setembro. Pasárono xenial soprando as velas e cantando cancións!!!


mércores, 26 de setembro de 2018

Coñecemos outras culturas- 4 anos

A clase de 4 anos A incorporouse unha nova alumna que se chama Cloe. Esta nena estivo vivindo durante os seus primeiros anos en Arabia Saudí e en Australia.
Como os nen@s somos moi curiosos e encántanos descubrir outros continentes e culturas, animamos a nosa nova amiguiña a que nos contase as experiencias que viviu neses sitios tan lonxanos.
 O primeiro que fixemos foi averigüar onde quedan Arabia e Australia buscando no globo terráqueo.
- " Ala!!!. Que lonxe quedan eses países!!!!. ( Dixeron todos os nen@s a vez).
E a continuación Cloe comezou a contarnos cousiñas sobre Arabia.


Díxonos que por alí estaba prohíbido comer carne de porco, as mulleres non podían conducir e que ían cubertas cun vestido que se chama abaya.
Tamén nos comentou que foron visitar un zoco afgano onde lle regalaron un gorro típico da zona. Aos nenos da clase gustoulles moito probar o gorriño nas súas inquedas cabeciñas.
 Logo contounos onde vivía cando estivo en Australia. A cidade chamábase Coffs Harbour. Ela ía todos os días a xogar a praia tanto no verán como no inverno.
Tamén nos dixo que en Australia había koalas, canguros e arañas moi perigosas.E que lle fascinaban un montón as bolboretas.

Cantas cousas novas aprendemos!!!. Foi unha grande experiencia descubrir outros países e culturas.
Gracias Cloe


domingo, 23 de setembro de 2018

Cumpres de verán de 4 anos

Cumprimos 4 anos no verán pero como non tiñamos cole celebrámolos agora todos xuntiñ@s. Pasámolo fenomenal!!!.







luns, 17 de setembro de 2018

BENVIDOS Ó COLE !!

Ola familias!!!
As titoras de 3 anos queremos darvos a benvida ao cole. Esperamos poder acompañarvos desde a confianza e o agarimo ao longo desta nova etapa escolar.
Sabemos que os primeiros días son duros, que están cheos de incerteza e medos, asique queremos mostrarvos a través destas fotos o ben que o están a facer os vosos fillos/as no periodo de adaptación.







xoves, 13 de setembro de 2018

BENVIDOS A 4 ANOS!!

Parece que foi onte cando comezamos no cole, que descubrimos ás profes, ós novos compañeiros, a nosa aula....pero non xa pasou un curso. Estamos de volta con moitas ganas de descubrir novos Retos e como non de divertirnos, e así comezamos o primeiro día de clase. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.