luns, 30 de abril de 2018

CUMPRES EN 5 ANOS

Nas aulas de 5 anos estiveron de cumpre este mes de abril Maira e Martín!!! MOITÍSIMAS FELICIDADES CHICOS!!!



sábado, 28 de abril de 2018

Cumpreanos nas aulas de 3.


Estamos no mes de abril e estes peques seguen crecendo. Neste caso tocáronlle cumprir anos a Lois, Xoán e  Mateo. Moitas felicidades nenos!!!!.







luns, 23 de abril de 2018

23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO

Hoxe celébrase o ``DÍA DO LIBRO´´ e en infantil non iamos ser menos, estes días cada nivel estivo a traballar un conto elixido polos nenos/as, e algúns xa empezaron a traer cartóns de leite para levar contos do mercadillo solidario. Colgamos polos corredores as portadas dos libros que máis nos gustan e tamén tivemos apadriñamento lector por parte dos maiores do cole, unha actividade moi bonita!!

En 5 anos escolleron o conto titulado ``Paco Pasmón´´  e fixemos un mural alusivo. Tamén levaron para casa uns marcapáxinas feitos por eles que esperamos utilicen lendo moitos contos!!!






En 4 anos escolleron un conto que lles entusiasmou, "O monstruo das cores" e levaron a casa un marcapáxinas de bolboreta que decoraron con moita ilusión.
Mañán esperaremos con impaciencia ós alumnos do Instituto para disfrutar xuntos da lectura dun conto.







Que emoción cando viñeron os alumn@s do INSTITUTO...!!!...











No caso dos nenos e nenas de 3 anos o conto que traballamos foi o  de " Os feixóns máxicos".


Tamén intercambiamos cartóns de leite por libros  e fixemos, coa axuda das nosas familias, debuxos dos nosos contos preferidos que colgamos polos pasillos.








E  fomos apadriñados polos maiores de 4º de primaria e nos a cambio regalámoslles un marcapáxinas .Qué ben o pasamos!!!