venres, 21 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020

Este ano os nenos/as de catro anos comezamos o entroido coñecendo os traxes e as máscaras típicas do entroido más ancestral de Ourense: Cigarrón (Verín), Peliqueiro (Laza) , Pantalla (Xinzo) e o Boteiro (Viana do Bolo).
Logo tivemos que traer cada día o que o `meco´ mandábanos : algo para a cabeza, pescozo, calcetíns por fóra do pantalón  e unhas botas.

Todo isto para rematar hoxe co GRAN DESFILE por  Porriño acompañados polas familias. Este ano disfrazados de Superheroes para conservar e utilizar de forma sostible os océanos.

mércores, 19 de febreiro de 2020

IDADE MEDIA 5 ANOS

Levamos unhas semanas descubrindo o mundo do medievo; para rematar que mellor que transportarnos a aqueles tempos convertíndonos en reis, raíñas, damas, cabaleiros, príncipes, princesas...Deixámosvos unha mostra da representación do conto "UNHA FESTA NO CASTELO".
Levounos moito traballiño, esperemos que desfrutedes tanto como nós durante estes días.


                                                                          5 ANOS B



5 ANOS A






venres, 14 de febreiro de 2020

DÍA DO AMOR e AMIZADE 5 ANOS

O 14 de febreiro é o día do AMOR, din que o amor se demostra todos os días...por suposto, pero non queremos pasar este día para recordarlle a todo o mundo o importante que son as apertas, os bicos, os quérotes.... 
Dar as grazas á familia de Athos, por compartir con todos os compañeiros unhas saborosas madalenas, para celebrar con nós a amizade.

FELIZ DÍA E MOITOS BICOS!








OS NENOS/AS DE CATRO ANOS QUEREMOS REPARTIR TODO O NOSO AGARIMO ENTRE TODOS/AS VÓS !!!

FELIZ DÍA DA AMIZADE E O AMOR FAMILIAS!!!



BIBLIOPALACIOS

Esta semana tivo lugar no noso cole a inauguración da nova biblioteca...esperamos que a visitedes e que vos guste tanto como a nós !!








mércores, 12 de febreiro de 2020

APADRIÑAMENTO LECTOR

ONTE  TIVEMOS UN APADRIÑAMENTO LECTOR MOI ESPECIAL NAS AULAS DE CATRO ANOS POR PARTE DE NENOS/AS DO IES RIBEIRA DE LOURO QUE VIÑERON CONTARNOS UNS CONTOS CHULÍSIMOS.

A VERDADE E QUE FOI UNHA EXPERIENCIA MOI ENRIQUECEDORA, MOITAS GRACIAS A LORENZO, GABRIEL, PABLO, IKER, LÍA E A SÚA PROFE...VOLVEDE CANDO QUEIRADES!!!









domingo, 2 de febreiro de 2020