xoves, 30 de maio de 2019

VISITA DA AVOA DE NOAH PENÍN

Estes días recibimos a visita de Marta, a avoa de Noah, que nos fixo unha demostración de escritura con pluma, das distintas caligrafías e de como podemos realizar un pincel con plumas de aves.
É unha mostra de como van evolucionando os inventos co paso dos anos.

Grazas Marta, estas visitas motívannos moito.








NATURIZO CHEGOU! 4 ANOS

Despois de tantos días, por fin chegou Naturizo, e veu acompañado dunha gran profesional como Sabela Gago, que nos deleitou cun contacontos fermosos facendo as delicias de tod@s nós e dos nosos padriños e madriñas de 6ºcurso.

Cantas cousas nos ensinas Naturizo!!
Por un planeta máis limpo.










mércores, 22 de maio de 2019

VISITA AO MUSEO

Con motivo do proxecto que todo o cole está a facer sobre a arte este curso, onte os máis peques visitamos o museo `QUIÑONES DE LEÒN´ en Vigo, toda unha experiencia!!







4 ANOS

xoves, 16 de maio de 2019

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Os nen@s de 4 anos deixámosvos dous fragmentos de Antòn Fraguas, o homenaxeado deste ano polo Día Letras Galegas. Esperamos que vos guste, o galego tamén é unha opción.
Feliz día.




luns, 13 de maio de 2019

Estamos a facer unha chea de cousas divertidas e interesantes relacionadas co proxecto que levamos a cabo en 3 anos: experimentos, receitas de cociña, xogos tradicionais...

XOGO DA `PITA CEGA´


EXPERIMENTO: ` OVO SALTARÍN´


INGREDIENTES:  tarro de vidro, ovo, vinagre
ELABORACIÓN: meter o ovo dentro do tarro, encher de vinagre , tapar e deixar en repouso durante 48 horas....

Resultado!!



RECEITA DE COCIÑA: OVOS RECHEOS DE ATÚN


INGREDIENTES: ovos, atún. maionesa.
ELABORACIÓN: cocer os ovos, partilos á metade, quitarlles a xema e mesturala con maionesa. Unha vez esté todo mesturado, encher as metades do ovo...e listos para comer!!!

venres, 10 de maio de 2019

COMO NOS GUSTOU ARCIMBOLDO! 4 anos

Para rematar o Reto "Flores con moita arte", queremos ensinarvos  o que fixemos coa aplicación PICTOBOLDO, que está baseada nas ideas do pintor Arcimboldo.
Foi uns dos pintores que máis nos sorprendeu neste Reto, descubrimos que con flores e froitas poden facerse verdadeiras obras de arte.
Deixamos aquí unha mostra dalgunhas cariñas que fixemos, así como personalizamos as nosas propias fotos.








E por último grazas papá de Alejo por vir contarnos o conto dos `tres porquiños´ encantounos.



luns, 6 de maio de 2019

Grazas papá de Carmen por vir contarnos o conto `da dama e o vagabundo´ o venres.


Tamén nos contou un conto Heather...moitas Grazas!!


mércores, 1 de maio de 2019

Onte veu a nai de Martín a contarnos uns contos:`a lebre e a tartaruga´,`mamá máxica´...
MOITAS GRAZAS POR VIR, encantáronnos!!!


Este mes de abril nas aulas dos nenos e nenas de 3 anos estivo de cumpre Mario Fontela, Moitísimas Felicidades!!! xa temos catro aniños!!