mércores, 22 de maio de 2019

VISITA AO MUSEO

Con motivo do proxecto que todo o cole está a facer sobre a arte este curso, onte os máis peques visitamos o museo `QUIÑONES DE LEÒN´ en Vigo, toda unha experiencia!!







4 ANOS

xoves, 16 de maio de 2019

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Os nen@s de 4 anos deixámosvos dous fragmentos de Antòn Fraguas, o homenaxeado deste ano polo Día Letras Galegas. Esperamos que vos guste, o galego tamén é unha opción.
Feliz día.




luns, 13 de maio de 2019

Estamos a facer unha chea de cousas divertidas e interesantes relacionadas co proxecto que levamos a cabo en 3 anos: experimentos, receitas de cociña, xogos tradicionais...

XOGO DA `PITA CEGA´


EXPERIMENTO: ` OVO SALTARÍN´


INGREDIENTES:  tarro de vidro, ovo, vinagre
ELABORACIÓN: meter o ovo dentro do tarro, encher de vinagre , tapar e deixar en repouso durante 48 horas....

Resultado!!



RECEITA DE COCIÑA: OVOS RECHEOS DE ATÚN


INGREDIENTES: ovos, atún. maionesa.
ELABORACIÓN: cocer os ovos, partilos á metade, quitarlles a xema e mesturala con maionesa. Unha vez esté todo mesturado, encher as metades do ovo...e listos para comer!!!

venres, 10 de maio de 2019

COMO NOS GUSTOU ARCIMBOLDO! 4 anos

Para rematar o Reto "Flores con moita arte", queremos ensinarvos  o que fixemos coa aplicación PICTOBOLDO, que está baseada nas ideas do pintor Arcimboldo.
Foi uns dos pintores que máis nos sorprendeu neste Reto, descubrimos que con flores e froitas poden facerse verdadeiras obras de arte.
Deixamos aquí unha mostra dalgunhas cariñas que fixemos, así como personalizamos as nosas propias fotos.








E por último grazas papá de Alejo por vir contarnos o conto dos `tres porquiños´ encantounos.



luns, 6 de maio de 2019

Grazas papá de Carmen por vir contarnos o conto `da dama e o vagabundo´ o venres.


Tamén nos contou un conto Heather...moitas Grazas!!


mércores, 1 de maio de 2019

Onte veu a nai de Martín a contarnos uns contos:`a lebre e a tartaruga´,`mamá máxica´...
MOITAS GRAZAS POR VIR, encantáronnos!!!


Este mes de abril nas aulas dos nenos e nenas de 3 anos estivo de cumpre Mario Fontela, Moitísimas Felicidades!!! xa temos catro aniños!!


martes, 30 de abril de 2019

SEMANA DO LIBRO 4 ANOS

Durante esta semana recibimos unhas visitas moi especiais, as das nosas familias. Estabamos moi nerviosos e desexosos de descubrir novos mundos e aventuras, cada conto fixo voar a nosa imaxinación. GRAZAS FAMILIAS POR COMPARTIR CON NÓS O VOSO TEMPO.










luns, 29 de abril de 2019

Gracias papá de Alicia por vir contarnos un conto tan orixinal,  `¿Te aburres Minimoni?`...estivemos moi atentos, non o coñecíamos, estivo xenial!!!


domingo, 28 de abril de 2019

Cumpres de abril en 4 anos

Seguimos facéndonos maiores!!!!!.

Moitas felicidades para Lois, Xoán e Mateo!!!!!!



SEMANA DO LIBRO EN 5 ANOS

Esta semana celebramos no cole a SEMANA DO LIBRO no que puidemos disfrutar da visita dalgunhas familias, para contarnos un dos nosos contos favoritos da nosa casa,....
















 ...así como do APADRIÑAMENTO LECTOR polos nenos e nenas de 4º de Primaria que nos contaron contos moi entretidos, QUE BEN O PASAMOS!!!!