venres, 1 de maio de 2020

COUSIÑAS NA CASA

Aquí os deixamos máis propostas divertidas para traballar cos nenos e nenas dun xeito ameno na casa.

MEMORY 

- Debuxar 4-6 pares de debuxos idénticos por temas(animais, roupa, colores..). Colócaos en liña, deixa que o neno ou nena os observe algúns segundos e dalle a volta, boca abaixo. O neno terá que recordar que había en cada tarxeta ou descubrir as parellas.


CONSTRÚE UN IGUAL

- Dalle forma a unha imaxe ou letra con palillos ou palliñas. Deixa o neno ou nena que o mire para que o faga do mesmo xeito.

¿QUÉ FALTA?

- Debuxa unha escena na que falte algún detalle, por exemplo, unha cara sen nariz, unha casa sen tellado, unha mesa con solo tres patas... Pídelle o neno ou nena que atope os erros e debuxe o que falta.

O LORO

- Di tres palabras e pídelle o neno que as repita na mesma orde. Engade unha palabra nova cada vez. Cando o neno se equivoque, tócalle o turno a outra persoa. Podedes empregar nomes de animais, froitas...

A CESTA DAS HISTORIAS

- Colocade nunha cesta diferentes obxectos da casa (bonecos, lanas, xoguetes...). Crear con eles unha  historia sacando os elementos da cesta de un en un.


ATRAPA A ARAÑA

- Facede unha telaraña de lá nun recipiente. Coloca algunhas arañas de xoguete no fondo do recipiente e dalle unhas pinzas ó neno ou nena para que as atrapen.

PESCA OS NÚMEROS




Crear unha piscina de números. Con pequenas pelotas fai os números ata o número 10 como máximo, dependendo da idade dos nenos e nenas. Cunhas pinzas pescarán os números sacándoos en orde.



COLGAMOS A ROUPA


- Cunha caixa de cartón anudamos lá ós dous extremos da caixa que nos servirá para colocar a roupa. Con papel, cartulina, gomaeva.. debuxa pequenas prendas de vestir e recortade. Coller pequenas pinzas da roupa e invita ós nenos e nenas a tender tódalas prendas por colores, tamaños o tipo de prendas.




BINGO DAS LETRAS

- Facer unha táboa de letras. Dentro dunha bolsiña meter as letras da táboa feitas de cartulina ou papel. Os nenos e nenas riscarán na súa táboa as letras que saquedes da bolsiña. Gana a persoa que antes faga liña tachando as letras correctas.

O MONSTRUO DAS LETRAS


- Cunha caixa de cereales ou un tubo, corta unha boca e decora o teu monstro. Con cartulina fai as letras que coñeza. Os nenos e nenas deberán nombralas e metelas na boca do monstro de xeito correcto. Tamén se pode facer empregando as letras do seu nome ou dunha palabra que anteriormente viran ou teñan diante.




Ningún comentario:

Publicar un comentario