mércores, 27 de maio de 2020

CON MOITO RITMO

 E como non,imos recordar algunhas das vosas cancións favoritas.

A CANTAR E BAILAR TODOS XUNTOS!!!!!

EN 3 ANOS  ENCÁNTALLES!!!!


JUGUEMOS EN EL BOSQUE




¿ TE GUSTA EL HELADO DE BRÓCOLI?



LOS NÚMEROS BAILARINES



UN PEQUEÑO DEDO



JUGUEMOS EN EL CAMPO



BARTOLITO




EN 4 ANOS  BAILAN E BAILAN E CANTAN E CANTAN Ó SON DE....

ESTO BÁILASE ASÍ



HOLA AMIGO, JUEGA CONMIGO



CON LA AAA



SÚBETE AL TREN DE LA ALEGRÍA




EN 5 ANOS DISFRUTAN MOITÍSIMO Ó SON DE...

LOS ESQUELETOS



A HORTA DE BALBINA



QUÉROTE MÁIS



xoves, 21 de maio de 2020

MÁIS COUSIÑAS


Engadimos  cousiñas que podedes facer na casa:

1. Facer cousas sos é importante, e tamén o é saber pedir axuda cando a precisamos, e dar as grazas!!! Tedes que pensar 4 actividades que sodes capaces de facer sos e outras 4 das que precisades axuda doutras persoas. E despois de pensar, debuxalas. Pincha no debuxo.


2. Nubes de palabras: en 2  folios escribide o voso nome e rodeádeo dunha nube.
Nun marcades a primeira letra do voso nome e pensade palabras que comecen igual.
Noutro marcaredes a última letra do voso nome e pensade palabras que comecen por esa última letra. (En 3 anos 3 palabras, en 4 buscade 5 , e en 5 anos buscade 10). Despois tedes que debuxar unha das palabras de cada grupo.


3. Xa que estamos na primavera, imos facer flores que se abren na auga : precisades un folio, tesoiras, pinturas e imaxinación.. un prato e un pouco de auga... Mirade o vídeo. Pinchade na imaxe.



4. Esta semana deixámosvos unha receita saudable de “tortiñas de arandos”. Sinxela, rica e con moita froita.



Ingredientes para 6 mini tortiñas:
– 2 plátanos maduros
– 20 gramos de fariña de avea
– 20 gramos de arandos
– un belisco de canela
Preparación paso a paso:
-Facemos un puré co plátano usando un garfo e engadimos a fariña de avea (moendo os flocos de avea) e maila canela. Mesturamos ben.
-Nunha tixola quente cunha culleradiña de aceite de oliva botamos 1 cullerada de masa por tortiña.
-Colocamos os arandos.









-Deixamos que se faga ben e dámoslle a volta, deixando que se cociñe polo outro lado. E listo!
Todos os ingredientes poden ser probados con anterioridade ou con outros alimentos para descartar posibles intolerancias ou alerxias.


4. Relaxarse tamén é unha parte importante do exercicio, e o ioga axúdanos no coñecemento do noso corpo e posibilidades de expresión e movemento.Aquí tedes un pouco de “ioga”:







5. Imos facer o noso Tangram, collede cores e tesoiras e disfrutade coas vosas propias construcións. Pinchade na imaxe.





sábado, 16 de maio de 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 5 ANOS


Hoxe é día 17 de maio, un día moi especial, porque en Galicia deberiamos estar celebrando o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.  Durante toda a semana descubrimos a vida e obra de Carvalho Calero,  autor homenaxeado este ano.
Os nenos de 5 anos queremos celebrar o día de hoxe, o día das NOSAS LETRAS, bailando e cantando.... en galego, como non.
Esperamos que vos guste o vídeo. 
Imos a desfrutar, bailar e cantar.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!


venres, 15 de maio de 2020

E HOXE 15 DE MAIO 2020



DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Estimadas familias:

Estes días queremos conmemorar o Día das Letras Galegas dende casa con actividades variadas para coñecer un pouquiño ó autor homenaxeado deste ano, RICARDO CARBALLO CALERO.


Aquí vos deixamos un enlace ó proxecto creado pola Real Academia Galega con actividades descargables e interactivas. Pinchade na imaxe.



                                                            Que divertido!!!!Probade.




Unha das obras do autor adaptada para os nosos nenos e nenas  é o relato breve “As pitas baixo a choiva”. Pinchade na imaxe.






Liches e escoitaches o conto? Pois agora, podes descargar e facer algunhas das actividades desta parte do relato!!!











                                       PREPARADOS? 


















                    Adiviña os sons do conto 



Disfrutade do conto de os bolechas sobre Ricardo Carvalho Calero



mércores, 13 de maio de 2020

REABERTO O PRAZO DE MATRICULACIÓN

CURSO ACADÉMICO 2020/ 2021 

  • Reábrese o prazo para novas matrículas do 11 de maio ao 18 de maio.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido 27 de maio.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido 1 de xuño.
  • Formalización da matrícula do novo alumnado admitido 1 ao 10 xullo. 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

8:45 a 13:45

Acudir ao centro só un adulto e con máscara.

 

  • O alumnado escolarizado o curso académico 2019/2020 non ten que facer ningún tramite, a matrícula é automática.

venres, 1 de maio de 2020

COUSIÑAS NA CASA

Aquí os deixamos máis propostas divertidas para traballar cos nenos e nenas dun xeito ameno na casa.

MEMORY 

- Debuxar 4-6 pares de debuxos idénticos por temas(animais, roupa, colores..). Colócaos en liña, deixa que o neno ou nena os observe algúns segundos e dalle a volta, boca abaixo. O neno terá que recordar que había en cada tarxeta ou descubrir as parellas.


CONSTRÚE UN IGUAL

- Dalle forma a unha imaxe ou letra con palillos ou palliñas. Deixa o neno ou nena que o mire para que o faga do mesmo xeito.

¿QUÉ FALTA?

- Debuxa unha escena na que falte algún detalle, por exemplo, unha cara sen nariz, unha casa sen tellado, unha mesa con solo tres patas... Pídelle o neno ou nena que atope os erros e debuxe o que falta.

O LORO

- Di tres palabras e pídelle o neno que as repita na mesma orde. Engade unha palabra nova cada vez. Cando o neno se equivoque, tócalle o turno a outra persoa. Podedes empregar nomes de animais, froitas...

A CESTA DAS HISTORIAS

- Colocade nunha cesta diferentes obxectos da casa (bonecos, lanas, xoguetes...). Crear con eles unha  historia sacando os elementos da cesta de un en un.


ATRAPA A ARAÑA

- Facede unha telaraña de lá nun recipiente. Coloca algunhas arañas de xoguete no fondo do recipiente e dalle unhas pinzas ó neno ou nena para que as atrapen.

PESCA OS NÚMEROS




Crear unha piscina de números. Con pequenas pelotas fai os números ata o número 10 como máximo, dependendo da idade dos nenos e nenas. Cunhas pinzas pescarán os números sacándoos en orde.



COLGAMOS A ROUPA


- Cunha caixa de cartón anudamos lá ós dous extremos da caixa que nos servirá para colocar a roupa. Con papel, cartulina, gomaeva.. debuxa pequenas prendas de vestir e recortade. Coller pequenas pinzas da roupa e invita ós nenos e nenas a tender tódalas prendas por colores, tamaños o tipo de prendas.




BINGO DAS LETRAS

- Facer unha táboa de letras. Dentro dunha bolsiña meter as letras da táboa feitas de cartulina ou papel. Os nenos e nenas riscarán na súa táboa as letras que saquedes da bolsiña. Gana a persoa que antes faga liña tachando as letras correctas.

O MONSTRUO DAS LETRAS


- Cunha caixa de cereales ou un tubo, corta unha boca e decora o teu monstro. Con cartulina fai as letras que coñeza. Os nenos e nenas deberán nombralas e metelas na boca do monstro de xeito correcto. Tamén se pode facer empregando as letras do seu nome ou dunha palabra que anteriormente viran ou teñan diante.