O Domingo 14 de Febreiro celebrouse o día do amor e da amizade, nesta semana estivemos traballando a súa importancia,porque ter un AMIGO e ter un TESOURO.
Na aula de 3 Anos B tod@s nos queremos moito e somos tod@s amigos entón repartimos uns corazóns personalizados e cada nen@ deulle un corazón a un compañeir@ e así todos levaron un.Contamos contos e rematamos cunha ficha da Amizade.
Na aula de 3 anos A, cada nen@ decorou o seu CORAZÓN coas froreciñas que máis lles gustaron para darllo a súa PERSOA FAVORITA.💝💝💝💝💝💝💝💝💝💝💝💝💝💝💝💝
Ningún comentario:
Publicar un comentario