xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO



Benqueridas familias:

Hoxe celebramos o Día do Libro de modo que podemos adicar esta xornada a ler cos nenos e nenas en casa dun xeito especial polo que os deixamos algunhas ideas para facer na casa.

Ler o noso conto favorito en voz alta  para conseguir que os nenos e nenas deixen voar a súa imaxinación así como atopar un momento de relaxacion.

Obradoiro de elaboración dun conto creando unha pequena historia que nos poden contar ou nos amosen a través dos debuxos que cada un decida facer.

Xogo de venta de libros nos que os nenos simulen que son libreiros por un día. Escollemos uns contos que poremos enriba dunha mesa en casa. Os nenos terán que explicarnos de que vai cada conto e escolleremos un.

Facer un marcapáxinas, deixando a súa elaboración á creatividade dos nenos e nenas, empregando diferentes materiais, cores, debuxos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario