ESTE ANO `O DÍA DO LIBRO´ CELEBRÁMOLO DUNHA FORMA DIFERENTE: `TODOS DENDE AS NOSAS CASAS´. OS NENOS/AS DE CATRO ANOS QUEREMOS ENSINAROS CALES SON OS NOSOS CONTOS FAVORITOS.
venres, 24 de abril de 2020
xoves, 23 de abril de 2020
DÍA DO LIBRO
Benqueridas familias:
Hoxe celebramos o Día do Libro de modo que podemos adicar esta xornada a ler cos nenos e nenas en casa dun xeito especial polo que os deixamos algunhas ideas para facer na casa.
Ler o noso conto favorito en voz alta para conseguir que os nenos e nenas deixen voar a súa imaxinación así como atopar un momento de relaxacion.
Obradoiro de elaboración dun conto creando unha pequena historia que nos poden contar ou nos amosen a través dos debuxos que cada un decida facer.
Xogo de venta de libros nos que os nenos simulen que son libreiros por un día. Escollemos uns contos que poremos enriba dunha mesa en casa. Os nenos terán que explicarnos de que vai cada conto e escolleremos un.
Facer un marcapáxinas, deixando a súa elaboración á creatividade dos nenos e nenas, empregando diferentes materiais, cores, debuxos.
sábado, 18 de abril de 2020
ALGUNHAS ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA FACER EN CASA
Benqueridas familias:
Co propósito de facer máis divertidos e entretidos estes momentos tan difíciles para todos, deixamosvos algunhas ideas de actividades que, esperamos fagan de este tempo un bo momento de compartir xogos,experiencias únicas e sorrisos cos nenos e nenas que están demostrando unha gran forza.

MOITO ÁNIMO PARA TODOS!!!
mércores, 15 de abril de 2020
RESISTIREMOS
A PROFE MARÍA FIXO ESTOS VÍDEOS CHULÍSIMOS CON MOMENTOS DAS SÚAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE COS NENOS/AS DE 4 ANOS CON TODO O SEU AGARIMO...ESPERA QUE VOS GUSTE...UN BESIÑO PARA TODOS/AS.
4 ANOS A
xoves, 2 de abril de 2020
TODO VAI SAÍR BEN!!!
As mestras de catro anos estamos moi orgullosas dos nosos peques, do ben que o están facendo quedando na casa nestes días tan difíciles para todos e todas. Sodes un exemplo a seguir e xuntos ímolo conseguir !!
Pero sabemos que botan de menos aos compis, por iso xurdiu a idea deste vídeo, para que se vexan, se sintan un pouquiño máis preto e nos ensinen algunhas das cousiñas que están facendo.
Pero sabemos que botan de menos aos compis, por iso xurdiu a idea deste vídeo, para que se vexan, se sintan un pouquiño máis preto e nos ensinen algunhas das cousiñas que están facendo.
MOITO ÁNIMO A TODOS E TODAS... ESPERAMOS VEROS PRONTO!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)