ESTE PRIMERO MES DO ANO ESTIVO DE CUMPRE EN CATRO ANOS ADRIANA...MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!
venres, 31 de xaneiro de 2020
DÍA DA PAZ 2020
COMO CADA 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS ``O DÍA DA PAZ´´ NO NOSO COLE. UN DÍA NO QUE SE PRETENDE FOMENTAR UNHA EDUCACIÓN EN E PARA A TOLERANCIA.
CANTAMOS A CANCIÓN ``NO DUDARÍA´´ DE ANTONIO FLORES , E ENTREGÁRONSE OS PREMIOS NOBEL DA PAZ A CADA AULA.
ESTE ANO EN CATRO ANOS FORON PREMIADOS: ENZO E ADARA, QUE NON ESTIVO PARA RECOLLELO, PERO OS SEUS COMPAÑEIROS GARDÁRONLLO.
venres, 24 de xaneiro de 2020
VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR
Levamos unhas semanas imaxinando como sería a vida na Idade Media (cabaleiros, castelos, reis, raíñas...), e que mellor que ir visitar un enclave precioso, para que toda a nosa imaxinación siga voando.... Compartímos con todos vós a nosa visita ao CASTELO DE SOUTOMAIOR.
mércores, 22 de xaneiro de 2020
HORTO ESCOLAR 5 ANOS
Seguimos con accións para concienciar aos nen@s no coidado do medio ambiente, nesta ocasión tocounos traballar no horto da nosa escola.
Logo de investigar un pouco e preguntar ás nosas familias como se traballa a horta, por fin chegou o día de plantar as CEBOLAS... agora debemos continuar cos coidados ata que chegue o momento da colleita.
Temos que dar as grazas ós nosos padriños de 5º de primaria por botarnos unha man (nunca mellor dito).
Logo de investigar un pouco e preguntar ás nosas familias como se traballa a horta, por fin chegou o día de plantar as CEBOLAS... agora debemos continuar cos coidados ata que chegue o momento da colleita.
HORTO ESCOLAR
XA CONTAMOS CON HORTO ESCOLAR E OS NENOS / AS DE 4 ANOS PLANTAMOS `TIRABEQUES´ ....ESPERAMOS QUE CREZAN MOITO E PODAMOS PROBAR A NOSA COLLEITA!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)