Nas aulas de 3 anos levamos varios meses traballando co proxecto ``O MEU NOME´´ , aprendemos a escribilo e recoñecelo, a nosa inicial, coñecer palabras que empezan igual...
Para acabar estamos a elaborar un libro en colaboración coas familias onde cada neno e nena ten que decorar o seu nome e buscar palabras que empezan coa mesma letra ... cando pase por todas as casas ensinarémosvos o resultado, aínda que no vídeo van os primeiros que chegaron...están a facer uns traballos chulísimos!!!
O 14 de febreiro, os nen@s de 4 anos, descubrimos unha gran verdade....que "O AMOR NUNCA SE ACABA". Gracias á familia de Elián por compartir con nós este conto tan fermoso.
Como sabemos que temos moito AMOR, decidimos compartilo cos nosos compañeiros.